10/1/13

La Voz e a mina de Corcoesto: A familia que traballa unida... ¡gaña máis cartos!

Nun país onde as empresas propietarias de medios respectan a súa condición, a compañía editora dun xornal como La Voz de Galicia botaría á rúa de xeito inmediato ao director xeral, Luis Miguel Lois Blanco Penas, e deixaría de publicar as colaboracións externas de quen está a utilizar o xornal para defender intereses persoais.
Hai uns días, ExVoz facíase eco do rexeitamento que xera La Voz na comarca de Bergantiños coa súa decisión de defender o proxecto mineiro para obter ouro en Corcoesto (no concello de Cabana de Bergantiños), apoio xornalistico que se fai a pesar de que a compañía Edgewater ten planificado o uso de cianuro na explotación.
No post "La voz de la mina" xa comentáramos que «poidera ser que La Voz teña asinado ou pactado outro deses compromisos polos que a cambio duns milleiros de euros de publicidade "el grupito" que dirixe o xornal prohíbe informar e, por riba, ordea difundir argumentacións interesadas».
Pois ben, a realidade aínda é peor.
A responsábel de comunicación e relacións externas da multinacional canadiana Edgewater en Galicia é Navia Franco Barreiro (Guindeira Comunicación & Eventos), ex-xefa de gabinete de altos cargos do PP e esposa do director xeral de La Voz de Galicia SA, Lois Blanco; por riba, Navia Franco e filla do avogado bancario e escritor Xosé Luís Franco Grande, quen o pasado día 7 deste mes subscribiu un artigo nas páxinas de La Voz para criticar a un deputado do Parlamento de Galicia que se pronunciou na contra do proxecto mineiro de Corcoesto (na ilustración adxunta ofrecemos a reprodución facsímile do texto asinado por Franco Grande).
¿Ten coñecemento o editor e propietario único de La Voz de Galicia SA, Santiago Rey Fernández-Latorre, de que a esposa e o sogro do director xeral da empresa editora están a utilizar o xornal na defensa dun proxecto empresarial no que o Grupo Voz non ten interese nengún e, pola contra, ten o compromiso profesional e tamén empresarial de ofrecer aos compradores e letores do xornal información o máis obxectiva que sexa posible e opinións a prol e na contra que, nun e noutro caso, sexan éticamente "limpas"?
-----
LIGAZÓN a «Las relaciones Voz-Edgewater derivan en un escándalo de ámbito supragallego».
-----
NOTA: Texto íntegro da carta remitida pola Plataforma en Defensa de Corcoesto ao señor Franco Grande:
«Sr. Franco Grande. Se onte quedei surprendido pola súa carta na Voz, hoxe non saio do meu estupor cando me entero que a responsábel de comunicación de Edgewater é NAVIA FRANCO BARREIRO (soáralle de algo ese nome, Sr. Franco Grande), non é moi difícil sacar conclusións, inda por riba é a compañeira de Lois Blanco de "A Coz de Galicia". Realmente que unha persoa coma Vostede, co seu prestixio persoal, entre a defender o indefendíbel por eses motivos supón unha fonda decepción para as persoas, coma min, que recoñocíamos o seu mérito, o seu labor e a súa entrega na defensa do noso país».
-----
LIGAZÓNS a informacións e iniciativas relacionadas co asunto:
--- Change.org: No a la mina de Corcoesto (campaña de recollida de sinaturas),
--- Declaración de Berlín, sobre as consecuencias polo uso de cianuro na minería,
--- El País: «Un informe cientifico deja en evidencia a la Consellería de Medio Ambiente»,
--- O Ouro de Corcoeste, blogue sobre os pros e os contras do proxecto de Edgewater,
--- Plataforma pola Defensa de Corcoesto e a súa páxina en Facebook,
--- Plataforma Salvemos Cabana,
--- Praza Pública: A mina de Corcoesto (compendio de textos referidos ao proxecto mineiro),
--- Que pasa na Costa: «Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina» e «AGE insta á Xunta a facer un plan económico alternativo á mina de ouro».

36 comentarios:

  1. Ás ligazóns relacionadas co asunto permítome engadir a do blogue da Plataforma http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/
    E a do grupo de Facebook da mesma: https://www.facebook.com/groups/226028780784366/?bookmark_t=group

    Grazas por informar!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nela,
      Grazas polas ligazóns, que pasamos a insertar ao pe do post.
      Unha aperta.

      Eliminar
  2. Anónimo10/1/13

    Este e outros feitos demostran que os directores da Voz xa non teñen necesidade de agochar a súa intención, facer cartos antes de que Santiago Rey venda o xornal, o ceda aos seus heredeiros (fillos e esposa) ou morra, pois xa non é quen de controlar ó grupo de executivos que administra a empresa e utiliza a Voz, Radiovoz e VTelevisión para os seus negocios ou compromisos.
    Entrementres, a maioría dos traballadores estamos a calar e pasar vergonza porque é imposible atopar outro traballo.
    Saúdos aos compañeiros despedidos, espero que os letores deste blog non xulguen aos xornalistas da Voz polo que fan os nosos xefes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En varias ocasións no blog e tamén sempre que nos preguntan amigos e coñecidos, insistimos en que a inmensa maioría dos traballadores son alleos ás decisións xornalísticas e de xestión. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Anónimo10/1/13

    E xa que estamos, podedes engadir tamén a páxina da Plataforma 'Salvemos Cabana', que está en www.salvemoscabana.blogspot.com e a da recollida de firmas en www.ouroimpuro.multired.net (xa superamos as 19.000 contra a mina de Corcoesto).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desexo satisfeito. Saúdos.

      Eliminar
  4. Anónimo11/1/13

    Animo y mucha fuerza para desenmascarar a todos esos impresentable.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo11/1/13

    Que vergüenza.
    Trabajo en La Voz y al principio pensé que lo de ExVoz solo servía para vengaros por ser despedidos, puede que algo de eso haya, pero pasa el tiempo y veo que hay motivos para hacer un blog y para más.
    Se agradece que nos obliguéis a ver lo que hay.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo14/1/13

      Al final Sole, Landín, Soria, Prado y otros que fueron despedidos o prejubilados tenían razón cuando decían que no podíamos seguir así. Confiamos en que algo cambiaría y resulta que el periódico va a peor. Ahora me arrepiento de haber sido uno de los que confió en que Vilela acabaría defiendo a los periodistas y al periódico.
      Otro empleado de La Voz.

      Eliminar
  6. Anónimo11/1/13

    Yo también sigo en La Voz y cada día tengo más ganas de que me toque la primitiva para marcharme. No estoy en la redacción pero me siento responsable de lo que se publica y cuando me preguntan de que trabajo me cuesta decir que estoy en La Voz.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo11/1/13

    Onte o Colexio de Xornalistas de Galicia condenou a acción duns encarapuchados que escacharon a vidrieira do Correo en Santiago, paréceme lóxico, pero o colexio tamén tería que mollarse en casos como o do xornalista Lois Blanco e a súa muller, que tamén é xornalista.
    Non dirá nada o colexio?
    Os estatutos do colexio din que unha das súas tarefas é defender a dignidade e a credibilidade dos profesionais, e os feitos demostran que o director xeral da Voz está a destruir a credibilidade dos xornalistas dese xornal.
    G. L., Santiago.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo11/1/13

      O que ten que facer o colexio e expulsar a Blanco se está colexiado, a súa muller non traballa nun medio, de xeito que é lexítimo que defenda a quen a contratou. Quen non ten xustificación é Blanco.

      Eliminar
    2. Anónimo11/1/13

      O sogro de Blanco tamén é unha boa peça.

      Eliminar
  8. Anónimo11/1/13

    Non teño correo electrónico e se o tivera non o poñería aquí porque despois de ler o que veño de ler non me fio do que poden facer os da Voz. Vivo na Costa da Morte e só escribo para decir que o director Blanco, a súa muller e o seu sogro non saben o que é o cianuro e se o saben, non teñen vergonza.
    Manuel.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo11/1/13

    Soy periodista y trabajo para La Voz. Prefiero no decir lo que pienso de este asunto y solo dejaré testimonio de un hecho: Ni Rubido se atrevió a cometer este tipo de atrocidades.
    Si no fuera porque tengo obligaciones abandonaba este periódico mañana mismo. Estoy avergonzado y espero que algún día podamos recuperar el respeto que estamos perdiendo.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo11/1/13

    El mejor comentario lo hizo Antón Losada durante las últimas elecciones gallegas: Con lo que fue este diario, da pena ver en lo que se ha convertido. Blanco debería ser cesado inmediatamente, y la gente de la redacción de Carballo, debería hacérselo mirar, porque es infame lo que están publicando sobre la mina de Corcoesto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo11/1/13

      Una de las pocas firmas de "prestigio" que les queda es el ex-efe de prensa de la Guardia de Franco: Fernando Ónega.

      Eliminar
    2. Anónimo11/1/13

      Esa acusación es una exageración.

      Eliminar
    3. Anónimo11/1/13

      No exagero nada, acuda a esta página y lea:
      http://www.generalisimofranco.com/opinion03/083.htm

      Eliminar
    4. Respecto al comentario que alude a los periodistas de la redacción local de Carballo, queremos precisar que la decisión de lo que se publica o no sobre la mina de Corcoesto es adoptada solo y exclusivamente por el director del periódico (siguiendo los criterios de "el grupito") y en todo caso por el delegado de la empresa en la comarca.

      Eliminar
  11. Anónimo11/1/13

    Tuve que leer dos veces el artículo para creer lo que cuenta ExVoz. Todavía vivo el Caudillo se publicaban cosas por orden de la autoridad competente, nos molestaba pero la empresa y nosotros estábamos obligados a hacerlo. Pero no recuerdo que un periodista de plantilla se atreviera a utilizar las páginas del periódico de esta forma tan asquerosa.
    Un jubilado de La Voz de Galicia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo11/1/13

      A min invitáronme a prexubilarme o ano pasado, leo cada día o xornal e vexo que en contas de correxir erros van a peor. Cando aceptei a oferta de prexubilación o fixen porque insistiron e marchei sen ganas, con tristeza.
      Agora vexo que fixen ben en aceptar. Teño relación con algúns ex-compañeiros e sei que o están a pasar mal.
      Creo que Santiago Rey non sabe con exactitude todo o que fan Lois, Santi, Vilela e outros, é imposible que saiba que La Voz está a perder todo o seu prestixio e non faga nada. Esto da mina é moi grave, cando o lin tiven ganas de chorar e aínda que xa non traballo no xornal sinto moita vergonza.

      Eliminar
    2. Anónimo11/1/13

      A los que tuvimos que trabajar con Blanco en delegaciones no nos sorprende nada de todo esto. Parece que en la central Luismi era más cuidadoso y no se dieron cuenta de como actuaba ni de su ambición de poder.
      Que no se diera cuenta Santiago Rey lo entiendo, pero quienes trabajamos cerca de Blanco o a sus órdenes nos dimos cuenta enseguida de como funciona. No tiene ni quiere tener amigos y considera que está por encima de todo el mundo y del periódico, aunque a veces sabe disimularlo, hace ver que escucha y es muy educado. Consiguió lo que quería y ahora lo padecemos todos.
      Firmado: un "empleadillo" de la periferia.

      Eliminar
  12. Nos unimos solidaria e informativamente al caso:
    http://www.alertaminera.net/2013/01/un-blog-de-opinion-destapa-con-pruebas.html

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias por hacerse eco de lo que consideramos una atentado contra la profesión de informar, una discriminación entre empresas mineras y lo más importante: están promoviendo una explotación que causará graves problemas medioambientales y de salud pública. ¿Todo vale con tal de ganar dinero?

      Eliminar
  13. Anónimo11/1/13

    Soy un profesional del sector de la publicidad y de las relaciones empresariales y leyendo estas cosas tengo la impresión de que los periodistas de la Voz, aunque puede que esto ocurra en todos los periódicos, no conocen cómo funciona su empresa en temas de publicidad y promoción.
    Desde hace unos años ese periódico tiene preferencias que en mi ramo no acabamos de entender, pues ayuda a unos gabinetes y perjudica a otros, veta a empresas o todo lo contrario, permite que en sus páginas se publiquen reportajes para beneficiar a algunos gabinetes y consultores. Hay escritores de artículos que participan y tienen intereses en nuestro mercado. A ver si los periodistas se enteran de para quienes trabajan.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo11/1/13

      Yo también trabajo en comunicación, creo que debemos estar atentos a como trata La Voz a las empresas que tienen el gabinete de comunicación de la esposa del director de La Voz, que es Guindeira Comunicación (www.guindeira.com), porque me temo que estamos haciendo el cimbel.

      Eliminar
  14. Anónimo11/1/13

    Hoy la Voz informa que "la empresa del exconsejero de Sanidad de Madrid se hace con la gestión de los análisis que él privatizó". Debajo de ese artículo deberían poner otro en el que Blanco explicara como se hacen esas cosas.
    Un experiodista de La Voz de Vigo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo17/1/13

      Te refieres a Güemes, que ayer tuvo la decencia de marchare de esa empresa, pero dudo que Lois Blanco y los directivos que hunden la Voz sepan que es eso de la decencia.

      Eliminar
  15. Anónimo11/1/13

    Enhorabuena, demostrais q los BUENOS PERIODISTAS han "volado" de La Voz y los pocos que quedan por miedo o necesidad tragan con lo que les dicen pensando que así mantendrán su puesto y lo cierto es que todo lo anterior NO LES GARANTIZA que esto vaya a ser así. Soy de los que pienso que la dignidad y los principios, van por delante. Pero allá cada uno y su conciencia

    ResponderEliminar
  16. Anónimo11/1/13

    Non só fan campaña a prol de Edgewater, convenceron a milleiros de coruñeses para ir mercar a Marineda City e con iso destruiron ducias de comercios na cidade, de xeito que o centro da Coruña é un deserto comercial e social. E a campaña a prol de Marineda a fixeron para ter publicidade no suplento dos domingos, que en contas dunha revista de información é a revista de Marineda, á Voz lle importa ben pouco Coruña se hai cartos coa publicidade. E por riba hoxe mais caña ao Dépor.
    V. Martínez (Monte Alto)

    ResponderEliminar
  17. Anónimo16/1/13

    non deisedes de loitar eu son un forofo voso decides berdades coma puños eu agora vivo en cabana e vou aser un loitador mas en defensa da costa de corcuesto no caso do ouro e o cianuro que van emplear os mamos da alcurnia da voz e forza depor.

    ResponderEliminar
  18. Anónimo16/1/13

    Leyendo la tropelía de Lois Blanco me acuerdo de que a Salvador Aguilella lo echaron del periódico porque su mujer trabajaba en la SER, y por motivos igual de tontos acabaron consiguiendo que se marcharan Federico Cocho, Fernando Ojea y otros buenos periodistas. Luego van y echan o empujan a históricos como Prado, Sole, Soria, Villamor, Guisande, o presionan al experto en la web Pumarola para que se vaya, y todo para mayor gloria de Lois Blanco, que jamás hizo nada periodísticamente notable y que era el garganta profunda de Cuiña y de Fraga, y que además dejó "amigos" en todas las delegaciones por las que pasó. Solo a quienes no conocen lo que ocurre les extraña que este periódico vaya de mal en peor.
    Soy uno de los que todavía trabaja en La Voz y que como muchos está hasta arriba de aguantar tanta estupidez y tantas mentiras (además se pasan el día diciendo que media Galicia nos tiene envidia, no sé porque se extrañan).

    ResponderEliminar
  19. Anónimo17/1/13

    Por mucho menos en cualquier empresa te echan a la calle. Veo que los periódicos son peores que el resto de las empresas porque si la Voz hace eso para beneficiar a una mina que no hará para ayudar a otras empresas, lo que pasa es que normalmente no nos enteramos de esos chanchullos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo17/4/13

      Con Caixa Galicia hizo lo mismo durante años, y con Pescanova y Caramelo acaba de hacer otro tanto. Es La Voz de Los Ricos y de los Abusones.

      Eliminar
  20. Anónimo21/4/13

    Lo mejor que ha hecho la Voz en estos últimos años ha sido despedir periodistas para que así podamos tener acceso a información fidedigna. Están cavando su propia tumba, acabarán por erigirse en el mejor sucedáneo del papel higiénico en Galicia, que es el valor real de este periódico.

    ResponderEliminar