31/1/13

O Colexio de Xornalistas reitera a súa demanda de que a Xunta regule as axudas aos medios

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ven de emitir un pronunciamento que os membros de ExVoz subscribimos na súa integridade e que tanto para os traballadores dos medios como para os cidadáns convén que teña a máxima difusión:
«Nas últimas semanas, varios medios de comunicación publicaron información sobre o gasto económico de convenios e axudas asinados pola Administración, principalmente a autonómica, con distintos xornais galegos.
«Como noutras ocasións, as partidas destinadas, a repartición do diñeiro, a transparencia do proceso e os métodos escollidos para a adxudicación foron obxecto de polémica. Deste xeito, a oposición parlamentaria acusou ao goberno da Xunta de "mercar información".
«O estabelecemento dunha regulación sobre as relacións do Goberno autonómico cos medios de comunicación é unha reivindicación de vello que foi numerosas veces adiada. O seu compromiso incluíuse no pacto que rexeu a coalición de Goberno entre PSdeG e BNG entre 2005 e 2009 e no programa electoral co que Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia da Xunta, pero até o momento non se realizou ningún soporte legal para este tipo de axudas e convenios.
«O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, pola súa banda, xa realizou no 2006 unha proposta para obxectivar a concesión de axudas aos medios».
-----
LIGAZÓN á «Proposta do Colexio de Xornalistas para obxectivar a concesión de axudas aos medios», datada en ¡xuño do 2006! e que até o de agora non obtivo resposta.

2 comentarios:

  1. Anónimo3/2/13

    O día que a Xunta regule as suas aportacións aos medios desparecerán varios xornais, emisoras de radio e TDTs, incluída V Televisión. Só entón se sabrá que medios son rendibles sen chupar do bote.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo3/2/13

      Si los de la Voz fueran inteligentes serían los primeros en pedir que las ayudas se regularan y incluso que se suprimieran.

      Eliminar